Deixenme que empece felicitando a tódolos colaboradores por facer posible que a información das parroquias poida chegar a tódolos veciños de A Coruña e Arteixo dun xeito directo, conxunto e próximo. En realidade pode chegar a todos porque hoxe coas novas tecnoloxías non hai atrancos que impidan que está folla a poidan ler en todo o mundo.
Permítanme que pida amigo lector a súa colaboración. Os sacerdotes precisamos axuda para manter as igrexias abertas o maior tempo posible e asi dar resposta a forte demanda de información, de sacramentos e de compaña para un grande abano de personas de distintas idades, países e credos.
Entrar na casa de Deus e poder recibir un sorriso, unhas palabras de comprensión e aprezo pode ser a mellor benvida que lle podemos dar a aquelas personas que se sinten soas ou que xa se ven estranas ante os grandes cambios que está a dar a humanidade.
Hai sacerdotes que estàn ao fronte de varias parroquias e solos non son quen de chegar a todo, pero coas súas axudas imos seguir contribuindo a mellorar a vida de todos aqueles que se acheguen a nós. Esa mellora pasa, entre outras cousas, por facer comunidade, por camiñar xuntos, por compartir un tempo, pouco ou moito, que escorrente esa pandemia da soidade. E son vostedes -veciños, parroquianos, feligreses…- os protagonistas deses encontros nos actos da parroquia (misa, catequésis, charlas,…) ou nas actividades que desde a mesma organizan, impulsan e sobre todo esas iniciativas solidarias que son sinal de identidade das comunidades parroquiais.
Por iso súmome a petición que facía o Arzebispo, Mons Francisco José Prieto, no seu saúdo a esta iniciativa: “anímovos a compartir canto expresa e fai visible a vida cristiá das comunidades parroquiais e unidades pastorais do arciprestado: a alegría da fe celebrada e anunciada, os pasos de quen se prepara para recibir os sacramentos, a atención aos enfermos, a axuda e o acompañamento ás familias e o compromiso coas persoas que atravesan dificultades. Dar a coñecer estas experiencias permítenos recoñecer e agradecer o ben que tantas veces medra discretamente entre nós como acción misteriosamente fecunda do Espírito do Señor”.
Coma Vicario Episcopal Territorial da Coruña, Abade da Colexiata Santa María do Campo e párroco de San Francisco Javier, a Nosa Señora do Pilar e o Nadal do Señor confío en que só coa axuda dos fregueses conseguirei non defraudar a quen me puxo a fronte destes cargos.
Severino Suárez Blanco. Vicario Episcopal Territorial de A Coruña



